José Antonio Santiso Miramontes, reelixido presidente dos GDR´s de Galicia
Acompaña ao alcalde de Abegondo (A Coruña) -que foi conselleiro de Política Agroalimentaria e parlamentario - o alcalde de Mesía e presidente do GDR Ordes-Asdecomor, Mariano Iglesias, como vicepresidente primeiro.
A asociación está formada polos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural, socios públicos e privados dun territorio que deseñan unha estratexia de desenvolvemento local participativa. Nesta etapa centrados, entre outros temas, na situación dos mozos do rural e en incentivar o turismo ao redor dos ríos.
A Asemblea Xeral foi esta mañá foi no Pazo de Quián, en Boqueixón, sede tamén de Puraga, a D.O Queixo de Tetilla, Mel de Galicia, Augardente de Galicia e do Centro de Formación e Experimentación Agro-Forestal de Sergude. E no mesmo espazo no que hai un mes a conselleira de Medio Rural, María José Gómez e a directora xeral da Agader, Paz Rodríguez; reuníase co recén reelixido (no medio das dúas na imaxe) e co resto de presidentes e presidentas dos Grupos de Desenvolvemento Rural para tratar o novo período do programa Leader.
Este agosto houbo novidades nun deles: a alcaldesa de Boimorto, Chus Novo (a primera á esqueda na foto) iniciaba mandato como presidenta do GDR Ulla Tambre Mandeo, asinando un convenio coa Xunta de 2,5 millóns para xestionar o Leader ata 2027.
Do orzamento total do actual Leader, que ascende a 56,9 millóns, 8 millóns son para gastos de funcionamento mentres os case 40 restantes son para operacións a terceiros e as estratexias seleccionadas, que acceden a liñas de axudas ás que poden optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas.
Nas tres últimas décadas o Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos, consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos xa mobilizou máis de 930 millóns de euros no campo galego. Os proxectos dos GDR poden ser de natureza produtiva orientados á xeración de emprego e riqueza, ou non produtiva, vencellados coa dotación de servizos e equipamentos. Por exemplo traballando na mellora ambiental e creando novas zonas arborizadas.
Comentarios (0)