Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As administracións deben reducir a lentitude nas súas xestións



REDACCIóN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2024 · (0)



É unha das necesidades na ordenación do territorio por parte dos poderes públicos, que esixe tamén avaliar, xerarquizar e ás veces orientar intereses privados que usan o territorio con cadansúas demandas. A regulamentación ten que incorporar necesidades de infraestruturas cos outros bens.

Foi unha das conclusión da xuntanza dun grupo de analistas e expertos con distintas visións convocados hoxe polo Foro Económico de Galicia na sede do CES. Obviamente, a DINA de Valencia saiu á palestra.


Un dos relatores foi o profesor da Universidade de Valencia, Ximo Farinós, que dixo que o acontecido demostra unha necesidade de ordenación territorial cientificamente planificada. Tamén participou nesa mesa o profesor da USC, José Antonio Aldrey Vázquez, experto en Xeografía Rexional.

A ordenación territorial apelaría, segundo anotaron, a un traballo con racionalidade técnica e visión a longo prazo, o que obriga a ter capacidade de anticipación. 

Os organizadores convocaron a expertos con distintas visións para conseguir unha selección que sumou experiencia e coñecemento profesional. A sede do CES acolleu a unha vintena, tanto do ámbito público como privado, nunha xornada estruturada en catro paneis que trataron de reunir todos os aspectos para elaborardiagnose completa das necesidades e carencias para ofrecer propostas e solucións factibles.

Trala inauguración por parte de Victor Nogueira, presidente do Grupo Nogar e membro do Foro Económico de Galicia, a primeira mesa de debate reuniu a Daniel Hermosilla, do Grupo Rodiñas, Xavier Simón, da Universidade de Vigo, Inés Santé, da USC e Luciano Alfaya, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia. Os catro abordaronas eivas que temos en Galicia en materia de chan.

Baixo a moderación de Xoaquín Fernández Leiceaga, tres xestores públicos, o ex conselleiro de Infraestruturas e ex alcalde de Santiago, Agustín Hernández, María José Caride, responsable de urbanismo do concello de Vigo e a senadora autonómica e ex concelleira de Pontevedra, Carme da Silva, fixeron un balance sobre experiencias na materia: lei do litoral, Plan de Ordenación Territorial, Plan Xeral de Ordenación Municipal, e necesidade de construción de vivenda. Finalmente a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, subliñou tamén a importancia da evolución lexislativa nos últimos anos, tanto no ámbito urbanístico como a través da Lei 1/2021 de ordenación do territorio de Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)