Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Tres emprendedoras galegas entre as galardoadas cos Premios UUPRIZE 2024



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2024 · (0)



Na IX edición de Inspiring Women Leaders in Digital Era, a Woman Startup Community que presidide Teresa Alarcos celebrou hoxe a entrega dos UUPRIZE 2024 na sede da Real Academia de Enxeñería, en Madrid. 

Entre as premiadas: Pilar Vila, cofundadora de Forensic & Security polo seu traballo no sector de Ciberseguridade & Blockchain; Yaiza Canosa -fundadora de GOI- polo Liderado Innovador, e Lara Neira, de NIGAL, polo seu compromiso coa sustentabilidade.


Estes galardóns ao liderado feminino contan co respaldo da Real Academia de Enxeñería, a Real Academia de Medicina e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, que veu a unha das súas asociadas - Pilar Vila é vogal do Colexio- entre as premiadas.

Vila é CEO e cofundadora de Forensic Security -con sede con polígono coruñés de Agrela-, foi recoñecida no ámbito da ciberseguridade e blockchain. A empresa veu da man dun grupo de analistas forenses dixitais que especializáronse en servizos de asesoramento en ciberseguridade, ademais de ser docentes en masteres, relatores e formadores a Forzas e Corpo de Seguridade do Estado.

En canto a Yaiza Canosa, fundadora da startup de loxística GOI, levou o premio  polo seu enfoque pioneiro en loxística e transporte, “demostrando liderado e visión nun sector crave para a transformación dixital”. Este operador está exclusivamente enfocado no transporte, e instalación de mercadorías voluminosas, e conseguiu captar o investimento de Moira Capital, firma dedicada ao private equity, con 17 millóns de euros. 

Finalmente entre as premiadas está Lara Neira, neste caso “polo seu compromiso coa sustentabilidade, achegando solucións innovadoras e  consolidando o seu liderado”. NIGAL (Nova Industria Galega) é unha empresa de software con sede en Ribadeo que xa recolleu premios como o Emprende XXI.

 


 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)