Xa somos 2.712.132 persoas en Galicia
A nosa comundiade gaña case 8.000 habitantes nos últimos doce meses, 5.500 deles no último trimestre, e suben en todas as provincias malia que a coruñesa vai na dianteira.
Os aumentos de poboación de Galicia -e de España no se conxunto, que roza os 49 millóns-, non se debe como ven sendo norma a un aumento da natalidade, senón á chegada de xente doutros países. Nestes últimos meses sobre todo chegan de Colombia e Marrocos.
Galicia está entre as comunidades que se estancan a nivel estatal, se ben as provincias da Coruña e Pontevedra achéganse ao seu máximo histórico o peso relativo no conxunto de España segue descendendo.
O que non quere dicir que provincias como a coruñesa poida bater récords se segue medrando así.
As principais nacionalidades dos inmigrantes durante o terceiro trimestre de 2024 foron a colombiana (34.600 persoas), a marroquí (25.500) e os españois nados no estranxeiro (25.200). Séguenlles venezolanos (21.200), peruanos (15.800), italianos (9.000), arxentinos (7.300), ucraínos (7.000), romaneses (5.700) e hondureños (5.600). Son os últimos datos do INE de poboación de España, que ao completo gañou 134.890 habitantes.
No caso galego, a provincia da Coruña é e a máis beneficiada. Se temos en conta os datos dos últimos doce meses, ao redor de tres de cada catro novos galegos son coruñeses. Se Galicia suma 7.983 novos habitantes desde o 1 de outubro de 2023, 6.063 foron á provincia coruñesa pero as outras tres tamén gañan, o que é bo tendo en conta que Lugo e Ourense nas últimas décadas non deixaron de perder poboación.
O máximo histórico
Ollando as cifras rexistradas en tempos contemporáneos, xa que antes os censos de poboación non eran tan exactos, a poboación da Coruña foi a 1 de xaneiro de 2012, 1.141.178 habitantes e Pontevedra, 954.921. Ambas atópanse a 6.000 habitantes de marcar un novo máximo poboacional e se A Coruña segue crecendo a este ritmo, podería superalo a finais de 2025 ou principios de 2026.
En canto a Lugo e Ourense, o incremento as retrotrae a cifras de 2021, con descensos desde hai décadas. Un exemplo: a 1 de xaneiro de 1971 Lugo tiña 423.056 veciños e Ourense 441.255. Desde entón perderon poboación case todos os trimestres, especialmente a segunda, e nunca volveron aos niveis do inicio da recompilación estatística. Asó que o medre é unha boa noticia.
Comentarios (0)