Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Haberá máis control da xente anotada no paro



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO DE 2024 · (0)



A partir deste mes de novembro asinarase un acordo de actividade explícito -recolleito pola normativa estatal- para diferenciar a quen realmente quere traballar de quen só busca cursos ou cobrar a prestación.  O feito de non asinar ou incumprir implicará ser retirado de forma inmediata das listas e, no caso de percibir axuda, perderase.

O procedemento artellarase nos próximos días cunha actualización do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). O acordo será obrigatorio para quen procure traballo pero non para que só queira cursos.


As persoas que cobran o paro e non asinen este acordo entenderase que non están a buscar traballo. Deixarán de recibir os cartos de maneira temporal -ata que o asinen, se queren- e os servizos de titorización do SPEG coas empresas. Así o dixo onte Rueda tras decidilo o Consello da Xunta. 

Pola contra os demandantes que cumpran serán incentivados cun mecanismo de antigüidade, veranse favorecidos nas listas á hora de recibir ofertas de emprego fronte a quen asine o acordo e incúmprano, que pode ser sancionados con antigüidade a cero, igual que os que decidan asinalo tras exeitalo en primeira instancia. 

A perda do dereito á prestación durará os días que se tarde en asinar o acordo e en volver estar anotados no SPEG como demandantes. Esto tamén axudará a cribar ás persoas que realmente quere traballar a quen en realidade quere facer, por exemplo, os cursos formativos. “Queremos mellorar o funcionamento das oficinas de emprego e contribuír á principal función: mellorar a inserción das persoas no paro”, dixo o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

Programa de seguimento

En canto ao programa de seguimento intensivo está dirixido ás persoas que levan máis de cinco anos inscritas e non realizaron cursos nin citas de orientación nos últimos dous anos, ás que non confirmasen dispoñibilidade para tres ofertas de emprego nun ano, ás que non se presenten ás citas de orientación nin teñan itinerario laboral activo ou ás que rexeiten unha oferta de traballo ou os servizos de orientación e formación para o emprego. Desde a súa posta en marcha en xuño de 2023, permitiu atender a máis de 47.000 persoas, das que 7.000 atoparon traballo e 10.400 deixaron de ser demandantes de emprego "de maneira voluntaria", segundo a Xunta.  

En 2025 seguirase coa dixitalización do SPEG con preto de 1,6 millóns de euros nas 54 oficinas de emprego de Galicia, irase instalando a anunciada ferramenta EMi,coa idea de que en setembro de 2025 sexa útil a unhas 70.000 persoas, ás que se lles realizará o perfilado competencial. E haberá tamén unha app que permitirá facer eses autoperfilados. 

 

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)