Abre o período de consulta pública para o deseño final das Directrices de Ordenación do Litoral (DOL)
Poderanse facer achegas á esperada regulamentación integral da costa. O trámite iniciarase nos próximos días e, durante dous meses, estará aberto a persoas, entidades e administracións interesadas.
Haberá criterios tanto para identificar espazos de interese ambiental que precisen dunha maior protección como para determinar as condicións de actividades económicas e sociais de axentes que operen no litoral, como, por exemplo, o sector hostaleiro ou a cadea mar-industria. Tamén haberá criterios de estacionamento para os aparcadoiros nas praias ou as áreas de autocaravanas costeiras.
Quérese as actividades na costa teñan criterios coherentes regulados, posteriormente, por diversos plans de ordenación.
Con todo, a autorización por parte da Xunta producirase cando o Executivo central faga efectivo o traspaso á Comunidade dos medios necesarios para a xestión completa do litoral. "Seguimos traballando para asumir plenamente esta competencia", dixo esta mañá Alfonso Rueda. A previsión é que o traspaso fágase efectivo neste primeiro trimestre de 2025.

Tamén haberá pautas para crear unha Rede de sendas do litoral. As DOL fixarán as condicións que deben reunir as vías, os requisitos para o acondicionamento de novos tramos e detallarán os criterios de deseño. No caso do estacionamento de autocaravanas, trazaranse as liñas para o seu acondicionamento destas áreas para garantir a convivencia con outro tipo de vehículos, asegurarase unha dotación de servizos básicos e evitarase a creación de pantallas visuais que tapen a vista do mar.
A concentración urbana admisible no litoral e orientar as accións de renovación e rehabilitación urbana tamén formarán parte do Plan de ordenación mariña, marco xeral que teremos para o desenvolvemento das restantes ferramentas previstas na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga). As determinacións das directrices indicarán o alcance de cada plan ou, cando sexa o caso, terán carácter de normas de aplicación directa.
Comentarios (0)