290 prazas para menores de 36 anos e 350 para directivos, mandos intermedios e autónomos
“Xeración Dixital” oferta formación e mentorización gratuítas sobre transformación dixital para axudar ás pemes, inicitiva conxunta da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia LideraK co apoio da Escola de Organización Industrial (EOI) e fondos Next GenerationEU.
De entrada haberá dous talleres-networking para informar e promocionalo sobre IA na industria, son mañá 4 de febreiro en Vigo e o 12 de febreiro na Coruña.
“A dixitalización non é unha opción; a diferenza entre optimizar procesos ou quedar atrás depende de quen adopte antes e mellor estas tecnoloxías. Por iso é máis importante que nunca que os profesionais que traballan nas nosas pemes conten cos coñecementos para facer fronte a todas as transformacións”, explica Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime.

Como é o programa para menores de 36 anos
Esas 290 prazas son para xente nesa franxa de idade -sexan desempregados ou estean xa traballando- para que se convertan en axentes de transformación dixital nas pemes nas que xa traballan, ou que se aumenten as súas propias posibilidades de traballar ao ter esa formación. Estes axentes”estarán capacitados para xestionar procesos de dixitalización en diversas áreas, incluíndo xestión empresarial e implementación de tecnoloxías dixitais.
Programa para directivos, responsables de equipo e autónomos
Ten 60 prazas máis, cun total de 350. Coa formación recibida estes profesionais poderán implementar un Plan de Transformación Dixital co apoio de expertos e mentorías. O xestor estará capacitado para liderar procesos de Cloud computing, Intelixencia Artificial, Big Data, Blockchain, Ciberseguridade ou Automatización. E aprenderá a interpretar e aproveitar datos para tomar decisións.
E a maiores están as accións de difusión do proxecto, para o que hai previstos dous talleres-networking: mañá 4 de febreiro ás 18.30 na sede de Asime en Vigo falarase de produción a través da IA con Javier Martínez, Conselleiro de Possible e profesor da Universidade de Vigo; e Anxo Suárez, director de NTT DATA Europe & LATAM.
A segunda cita é o mércores 12 de febreiro, ás 19.30 no Nordés Club Empresarial da Coruña centrado na revolución práctica da IA, intervirán de novo Javier Martínez, e despois Amparo Alonso, catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDA da Universidade da Coruña; Alba Meijide, experta e conselleira en IA para empresas; e Alberto Borrego, Director de NTT Data Galicia.
Comentarios (0)