Novas batidas nunha época crítica para os danos do xabaril
O aumento exponencial da súa presenza en moitas zonas da Península é especialmente grave en Galicia, achegándose ata as vilas, danando cultivos -agora é época de sementar- e provocando accidentes nas estradas.
Dende o 1 de marzo e ata o 30 de xuño teremos novo protocolo para autorizar batidas en menos dun día no que só cómpre enviar unha fotografía que demostre as desfeitas provocadas en cultivos e hortas, se ben as imaxes serán avaliadas.
Unha vez recibido o material técnicos da Consellería de Medio Ambiente avaliarán a situación e, se procede, autorizarase a batida nun prazo máximo de 24 horas tendo en conta a información dispoñible de cada zona de primeira man.
O grupo de traballo para o control do xabaril suma administracións titulares das diferentes estradas (Ministerio de Transportes e Axencia Galega de Infraestruturas), Garda Civil de Tráfico e Seprona, as consellerías de Sanidade e Medio Rural, a Fegamp e a Federación Galega de Caza, ademais dos sindicatos e organizacións Unións Agrarias (UUAA), Asaga e Sindicato Labrego Galego.

O obxectivo é facilitar a intervención rápida evitando que o problema se prolongue no tempo, que o proceso sexa áxil e sinxelo. As peticións serán factibles sbre todo no caso de danos recorrentes ou repetitivos nunha determinada zona.
Os afectados debán enviar unha imaxe do dano xunto cunha breve descrición do problema. En días hábiles, a solicitude deberá realizarse cunha antelación de 24 horas, mentres que serán 48 no caso de xornada inhábil.
Comentarios (0)