As oportunidades de negocio que temos con EEUU
A patronal ASIME, Igape, a Embaixada de EEUU en España e Select USA organizaron unha xuntanza en Vigo en positivo tras da misión comercial a Florida en febreiro, onde abríronse portas no eido aeroespacial, de defensa e naval-marítimo. Está prevista ademais a participación de empresas estadounidenses na 4ª Feira Mindtech, que celebra Asime do 17 ao 19 de xuño en Vigo.
Durante o encontro interviñeron delegados de sete Estados norteamericanos (Ohio, Virginia, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Texas, Indiana e Pensilvania), para dar información sobre oportunidades de investimento e colaboración.
“Confiamos que nos próximos meses e anos esta relación increméntese e sexa cada vez máis intensa e produtiva para todos”, afirma Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime. Haberá empresas marítimas galegas na feira WorkBoat Show de Nova Orleans no vindeiro decembro.
.jpg)
“Son diversas actuacións nun marco de colaboración estreito entre a Embaixada de EEUU, o Departamento Comercial de EEUU e Asime, onde conseguimos artellar unha relación de confianza mutua, axudando a empresas estadounidenses e galegas para que avancen en carga de traballo, pedidos e proxectos conxuntos, dado que vemos realmente moitas posibilidades de colaboración, especialmente en enerxías renovables, industria, automoción, construción e reparación naval, aeroespacial e fabricación de maquinaria”.
John Coronado, Conselleiro de Comerio da Embaixada de EEUU en España, definiu a xuntanza como “un excelente comezo da xira 2025 que imos levar a cabo con representantes de oficinas de desenvolvemento económico de distintos estados norteamericanos. O obxectivo é presentar o enorme potencial de investimento en EEUU, conectando en con empresas españolas que teñan recursos e socios crave para expandirse e crecer no mercado estadounidense”.
Os datos dos negocios co país americán deunos Augusto Álvarez-Borras, Director da área de Internacionalización do Igape: cara a EEUU Galicia vendeu no último ano ao redor de 800 millóns de euros a través de máis de 1.000 empresas galegas, no maior parte pemes. “EEUU representa o 11° mercado receptor das exportacións galegas, polo que aínda queda moita marxe”. Hai máis de cinco anos o Igape ten unha oficina de representación en Miami para facilitar a entrada a este mercado.
Comentarios (0)