Un 2025 de fusión e adquisicións
O director responsable de Deal Advisory de KPMG en Galicia, Diego Comendador, di que as perspectivas no mercado galego en 2025 "van en liña con España" e a firma espera un "bo ano", con operacións corporativas na comunidade galega -fusións e adquisicións. Hai compañías que continuarán con plans de crecemento inorgánico polo "bo acceso" ao financiamento e as condicións macro segundo o informe Perspectivas Galicia 2025, elaborado coa CEOE e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
Fai apenas un ano e precisamente oa mirada posta na expansión en Galicia -un dos seus territorios prioritarios na estratexia de crecemento-, KPMG Avogados sumaba dúas novas incorporacións a esta delegación.
Segundo este estudo presentado onte, sete de cada dez directivos galegos (o 74%) prevé un incremento da súa facturación durante este exercicio, tres puntos por riba da media española.

Tras a chegada de Eva Hernando como socia responsable da área Legal en Galicia e de José Ramón Cuervo, socio responsable da área Fiscal, a compañía fichou para as oficinas de Vigo e A Coruña a Carlos Pérez e Marcos Fariña. Pérez, con máis de 20 anos de experiencia en asesoramento de dereito administrativo e urbanismo, uniuse como responsable do departamento Regulatorio, Administrativo e Cumprimento (RAC); e Fariña, avogado especializado en litigación privada (Dereito Civil e Mercantil) e Dereito Penal, incorporouse como responsable da área de Procesual.
Comentarios (0)