Un ano despois
Anunciouse aos catro ventos hai xusto un ano a chegada da Oficina Económica do IGAPE, creada para reducir a tramitación burocrática a empresas e investidores. Dirixida por Natalia Barros, exdirectora do plan Ferrol, hoxe rendiu contas. Reciben consultas de empresas da cadea mar-industria, do sector da enerxía, do turismo ou do naval de todos os tamaños.
Catro de cada dez consultas son empresas de Vigo, a provincia de Pontevedra suma 7.213, case o 40% seguida sen sorpresa pola Coruña con 6.846 (38%), mentres que de Lugo chegaron 1.822 (10%) e de Ourense 1.485 (8,2%). Tamén as houbo de fóra de Galicia: 716 empresas que queren investir.
En total e cos datos hoxe presentados nun acto ao que asistiron o presidente Rueda e a directora do Igape, Covadonga Toca, xunto con Natalia Barrios, atenderon preto de 19.000 consultas, mantiveron 865 reunións con empresas, asesoraron a 193 proxectos de especial relevancia e resolveron máis do 85% das consultas realizadas no mesmo momento.
Quen asesora? Hai un equipo base de 27 técnicos de información especializados pero no mes de setembro incorporáronse outros cende distintos ámbitos. Este ano esperan abrir nova sede na Casa de Galicia en Madrid para tentar captar investimentos.

As consultas son desde emprendedores que queren crear unha iniciativa ata start-ups e proxectos de base tecnolóxica a pemes queren ampliar ou diversificar, tamén hai proxectos de grandes empresas. Teñen na súa base de datos máis de 150 proxectos especialmente relevantes que superan os 800.000 euros en volume de investimento.
Non só se informa, fanse labores de coordinación con outros axentes tanto de forma directa como a través de ICEX/Invest in Spain.
Comentarios (0)