Veraleza, a maior empresa galega do sector das plantas, compra Flores Toxal, que salva o seu concurso de acredores
Toxal, con 40 anos de traxectoria no concello pontevedrés da Guarda, xa forma parte de Magenta Atlantic, a matriz de Veraleza. Intégrase no grupo de empresas con sede en Tomiño pero os novos propietarios manterán unha marca que funciona, que emprega a 22 persoas e xestiona máis de 5 hectáreas.
Nace así Floricultura Toxal pechando un concurso de acredores ao que se acolleu de maneira voluntaria a finais de 2024.
Somos a quinta rexión española produtora de flores e plantas ornamentais pero con moito percorrido por diante. De aí que nesta nova etapa para todos, os empresarios prevean a produción e venda de máis dun millón de talos de flor este 2025 e a incorporación de novas especies e variedades, algunhas traballadas por primeira vez en Galicia.

Veraleza quere crecer de forma orgánica, parte de ostentar o liderado do sector facturando máis de 20 millóns de euros e achegando o maior viveiro de España de “anthurium”, con 40.000 metros desta planta. Agora acolle a Flores Toxal, cuxas vendas roldaban o millón e medio de euros antes do proceso de suspensión de pagos. Agora espcializará os cultivos da Guarda apoiándose nos traballadores que subrogan, con moita experiencia.
Pola súa banda o Viveiro Veraleza, no concello de Tomiño é un dos máis importantes de Galicia, onde temos 674 hectáreas que se dedican ao cultivo de flor e planta ornamental, sobre todo na Coruña e Pontevedra. Flor que aumenta en vendas fóra, do ano 2022 ao 2023 nun 8,3%. O sector no seu conxunto factura uns 48 millóns de euros anuais e xera case 1.500 postos de traballo directo, na maior parte mulleres do rural.
Comentarios (0)