Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Polígono de San Cibrao estrea un enorme Cash Record



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 03 DE ABRIL DE 2025 · (0)



A marca almacenista para hostaleiros de Vegalsa-Eroski leva máis de 30 anos no polígono ouresán pero agora inaugura esta gran nave de 2.100 metros cadrados creando 16 novos postos de traballo que, unidos aos 6 da antiga tenda, suman 22 profesionais.

O investimento, segundo a empresa, roldou os 2,5 millóns de euros.


Na inauguración a porta pechada de onte estaban, xunto ao director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño; e o responsable de negocio de Cash Record, Francisco Crespo; a alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor e o director xeral de Comercio, Gabriel Alén. 

Esta nave substitúe ao local que a compañía tiña na mesma estrada, a un quilómetro da nova localización pero agora triplicando dimensións.

A marca especializa en prover a hostalería, restauración, cafeterías e retallistas alimentarios, inviste ao grande no polígono de Barreiros, no concello de San Cibrao, nun longo proxecto que José Manuel Ferreño definiu como “difícil” pero finalmente conseguido. Con 77 prazas de aparcadoiro e puntos de carga para coches eléctricos abrirá de luns a sábado e incide nos frescos e nunha moi boa adega.

O local súmase aos máis de 15 da insignia cash& carry (haino por exemplo en Santiago, Carballo, Ourense, Lugo ou Sanxenxo) dando prioridade ao asesoramento e ao servizo de compra en liña, tamén moi importante.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)