Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Coruña, o concello de Galicia con máis criminalidade rexistrada en 2024



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Con case 10.270 casos, segundo o Balance de Criminalidade do Ministerio do Interior, detrás fica Vigo pero con 8.779 e iso que ten máis poboación; Santiago vai detrás con 4.205 e Ourense con 3.499. Ollando por provincias Lugo é a máis tranquila con 7.036 casos en todos os concellos.  

En canto aos delitos de índole sexual a destacar concellos onde non se rexistrou ningún caso como Ribeira, Cangas, A Estrada ou Lalín, mentres que á cabeza neste caso está Vigo, onde houbo 47; Ourense, con 12 e Ferrol, 11.


En números redondos a media da taxa de criminalidade en España é de  41 delitos por mil habitantes

Por ter unha referecnia noutros páises de Europa cercanos vemos unha taxa bastabte máis alta en Francia do 55,2; en Suecia do 48,3;  e en Italia e Reino Unido do 47. Por debaixo por exemplo Noruega con 32, Portugal con 31 ou Suiza con 25.



E por último e en canto ao número de secuestros secuestros, en Galicia déronse un total de 5 casos. As dúas provincias nas que máis casos rexistráronse foron A Coruña e Pontevedra, que contan con dous casos cada unha. O restante pertence á provincia de Lugo e na de Ourense non se deu ningún secuestro durante o ano pasado. Outros dos crimes que aparecen neste informe do Ministerio do Interior son os delitos contra a liberdade sexual, que en Galicia ascende aos 792. Nesta tipoloxía inclúense as agresións sexuais e abusos con penetración, cun total de 180 casos o ano pasado.

Aínda que a criminalidade en España baixou un pouco o pasado ano existen algúns delitos que se viron incrementados. O último Balance do Ministerio do Interior recolle subas no número de homicidios dolosos e asasinatos consumados, crecendo un 4,5%, así como as violacións ou agresións sexuais con penetración, que se incrementaron nun 6,7%. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)