Case o 90% dos nenos galegos entre 10 e 13 anos afirma ler por pracer, sobre todo cómics
Aumenta o número de lectores e a compra de libros en Galicia, por riba da media estatal. O perfil máis lector son mulleres e persoas de entre 45 e 64 anos, franxa na que máis do 70% dedica parte do seu tempo libre á lectura.
Pero tamén medra o número de compradores de libros. Un 67,4% mercou algún en 2024, cunha media de case 10 publicacións por persoa.
Esta suba na compra representa un incremento do 3,8% respecto ao ano anterior e coloca a Galicia dous puntos por encima da media estatal.
Malia o innegable auxe das plataformas dixitais, as librerías seguen sendo a principal canle de compra, elixidas polo 73,1% dos lectores, moi por diante de Internet, co 33,5% das compras, probablemente pola placer de botar un ollo sen présas.

O estudo da Consellería de Cultura está baseado en 1.200 entrevistas feitas en 2024 (1.100 a maiores de 14 anos e outras 100 a menores de entre 10 e 13), e confirma que o 96,7% dos galegos maiores de 14 anos le con frecuencia nalgún formato, xa sexa impreso ou dixital. Non só len máis que antes, senón que tamén compran máis libros que a media nacional, segundo revela este último informe. Entre os materiais preferidos, a prensa (77,9%) e os libros (69,9%), cifras que sitúan a Galicia por encima da media estatal en ambos os casos: 7,6 puntos máis no primeiro ámbito e case dous no segundo. Os de lecer son os favoritos co 66,2% das lecturashábito está especialmente arraigado entre os máis novos. Case dous terzos (o 63%) asegura ler en galego, polo menos de forma ocasional.
Comentarios (0)