Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En 2028 poderá estar en marcha a estratéxica mina de Doade



REDACCIóN · PUBLICADO O 14 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Co visto e prace dunha UE que hai tres anos decidiu tirar dos recursos do continente,  a empresa prevé iniciar a obra en 2026 para dous anos máis tarde sacar pegmatita durante uns 43 anos, material que ten os minerais de litio para fabricar coches eléctricos e móbiles. 

Calcúlase que creará 320 postos de traballo, entre directos e indirectos, e pode atraer poboación a esta zona de case 1.700 hectáreas en Beariz, pero tamén ata os concellos de Cerdedo, Forcarei, Avión e A Lama, entre Ourense e Pontevedra.


Terase que excavar unha mina subterránea con galerías de entre 50 e 300 metros e construir a instalacións industriais ao pé, neste monte na parroquia de Xirazga, onde está a pegmatita, roca rica en minerais de litio da que, ademais, obteranse concentrados de feldespato para a cerámica.

O plan é extraer 500.000 toneladas anuais e o investimento do proxecto estímase nuns 120 millóns de euros. 

De momento o que ten a firma é un permiso de investigación sobre un espazo de case 1.700 hectáreas . Detrás está o conglomerado empresarial aragonés Samca, cunha cifra de negocio anual que rolda os 1.500 millóns de euros e dirixido polos herdeiros de Ángel Luengo, empresario que faleceu en 2022 cunha riqueza estimada en máis de 2.000 millóns de euros. Recursos Minerais de Galicia é a filial de Samca, empresa familiar fundada en 1919, que iniciou a actividade no sector mineiro e foise consolidando como un conglomerado presente en 10 países que tamén traballa na industria química, as renovables, a construción e promoción inmobiliaria, e o sector agroalimentario.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníase onte en San Caetano con Javier Luengo e outros responsables da empresa, para falar de como van os traballos.





Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)