Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Descansar e quedar cos amigos, o que farán o 52% dos galegos estes días



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 14 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Baixan os viaxeiros en relación ano ano pasado, un 31% pode facelo ou ten as ganas de facelo esta Semana Santa, nove puntos menos respecto ao ano anterior. E saír de restaurantes, cousa que se pode facer na casa, será o gasto extra para o 40%, fronte ao 37% de 2024.

O desembolso medio estimado dos galegos para estes días, que poden ser dende 4 ata 9 segundo a sorte de cada un: 454 euros, un 31% máis que o pasado ano e algo por baixo da media nacional, de 476 euros.


Así o recolle o Observatorio Cetelem, que publica  o que chama “zoom de intención de gasto” nese período.

Do estudo, realizado mediante mil enquisas liña, despréndese que o 15% dos galegos enquisados gastará máis que o ano pasado pero non por iso sairase máis de Galicia. O 56% realizará o mesmo gasto, fronte ao 29% que o reducirá.

O 52% dos galegos que teñen intención de viaxar esta semana Santa afirma que tirarán por unha zona rural dentro de España, en hoteis e apartamentos. E outro 10%, fará o mesmo, ir a pobos e aldeas pero durmindo en casa de amigos ou familiares. 




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)