O pingueo constante
Leva séculos acontecendo pero agora acapara titulares. A xente deixa as aldeas salvo as que por causa do crecemento urbán quedan na periferia das cidades e vense beneficiadas. O ano pasado Galicia perdeu 32 superando a barreira das 1.900 sen un veciño, tamén é certo que temos case a metade dos concellos de España.
Provincias como Burgos sumou hai pouco trece pobos sen un veciño censado e en máis da metade dos seus concellos viven menos de 120 persoas.
Máis exemplos: no veciño Bierzo case medio cento de pobos fican ao bordo do despoboamento e hai provincias como a de Zamora con máis da metade das localidades con menos de 100 veciños nelas.
En Galicia temos unha zona costeira florecente, non todos teñen esa sorte.

Segundo o Nomenclátor publicado hai poucos días polo Instituto Nacional de Estatística (INE), temos metade das 3.676 aldeas abandonadas de España, algo case normal tendo en cuenta que os 30.486 núcleos galegos representan practicamente o 50% dos pouco máis de 62.000 de todo o país.
O curioso é que volvemos perder núcleos de poboación cando un ano antes conseguiramos reverter esa situación ao repoboar 15 aldeas o que semellaba reforzar a teoría de que a pandemia empuxara a moitos a ollar cara ao rural. Pero agora, a estatística certifica que, aínda que ese poida ser un comportamento puntual en puntos próximos ás cidades -e que por iso estanse a encarecer- o éxodo ou máis ben o esmorecemento de boa parte do noso rural continúa.
Comentarios (0)