Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ata un millón de euros para axudar ás empresas co impacto dos aranceis



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 15 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Haberá unha liña de préstamos de circulante ampliable e con catro anos de carencia -o dobre que o habitual-, para as empresa galegas a maiores dos cartos aprobados a semana pasada polo Consello de Ministros.

Máis de 20 agrupacións industriais, asociacións e consellos reguladores  abordaron os efectos da política arancelaria de EE.UU. nunha xuntanza coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, os titulares de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; do Medio Rural, María José Gómez; e do Mar, Alfonso Villares. Tamén insistiuse en que cómpre seguir a negociar e desescalar a situación.


A liña para circulante entra dentro dos 50 millóns de euros que agora mesmo o Igape destina a préstamos para empresas pero cunhas condicións específicas para esta nova realidade. 

A partir de Semana Santa haberá  seminarios por cada un dos sectores máis afectados para comezar a traballar nas oportunidades do Real Decreto Lei aprobado polo Consello de Ministros a semana pasada,14.000 millóns de euros en avais xunto co fondo de internacionalización.

Outra das medidas que se van a adoptar, se ben xa foi anunciada hai semanas, é aproveitar para ofrecer asesoramento in situ e en contacto coa antena que ten o Igape en Miami. Traballarase tamén na necesaria diversificación de mercados e nas medidas posibles en canto á rebaixa ou recualificación de produtos.

A conselleira de Economía e Industria, lanzou unha mensaxe de prudencia. "Temos que ir traballando cada día" e "sempre tentar negociar e reducir a guerra comercial, non dar por perdida a situación, senón tentar que estes aranceis váianse desescalando e normalizar as relacións comerciais cos EE.UU".

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)