Preto do 35% dos traballadores na hostalería galega son estranxeiros
O paro galego baixou levemente en marzo, un 1,51%, as cifras achéganse ás que se rexistraron en 2008, antes de estalar a burbulla inmobiliaria. Pero tanto en Galicia como en España, segundo o Servizo Público de Emprego Estatal, existe un desaxuste en sectores onde é difícil conseguir traballadores, coma neste.
O informe de Randstad Research “Mercado de traballo no sector da hostalería” engade información extra interesante ao respecto. E se en Galicia a poboación de orixe extranxeira, nomeadamente de países de Latinoamérica, é importante neste sector, a media en España é xa do 42%.
Neste amplo sector, ademais de importante cultural e economicamente para España, o número de traballadores medrou un 7,4% desde 2019, nel traballan 1,84 millóns de persoas, grazas en gran parte a estes traballadores estranxeiros.
Así, ao peche de 2024, os empregados españois sumaban 1,07 millóns, un 7% menos que en 2019. En cifras absolutas, descenderon en 13.000 traballadores.

Nos servizos de aloxamento, os españois tiñan un peso do 71,3% en 2019, fronte ao 62,3% de finais de 2024, mentres que os empregados estranxeiros alcanzaron o 28% no cuarto trimestre de 2024. E no segmento de servizos de comidas e bebidas, os empregados españois representaban o 65,8% e os empregados estranxeiros, en cambio, deron un salto do 27,1% ao 31,5%.
Comentarios (0)