Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo medio por noite nos aloxamentos galegos esta Semana Santa, 70 euros



REDACCIóN · PUBLICADO O 21 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Pechamos estes días pasada por auga cunha ocupación media do 58 % entre o luns e o domingo, segundo os datos ofrecidos hai unhas horas pola Cluster de Turismo de Galicia. E cos estadounidenses como segundos visitantes foráneos.


Malia o tempo salvouse a cara, houbo cancelacións pero nos días centrais rexistráronse os mellores datos.

Máis cifras? A estadía media dos turistas foi de catro noites, cifra que superou as previsións iniciais cun turismo nacional claramente maioritario, representando preto do 78 % do total, e cun predominio do turismo interior galego, seguido de viaxeiros de Madrid, Castela e León, Andalucía e Asturias. De fóra viñeron sobre todo do veciño Portugal, e despois sorprendentemente de Estados Unidos e Alemaña.

O xoves santo a ocupación alcanzou o 77 %, o venres un 74 % e o sábado chegou ao 78 % segundo o SIMADA (Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento), unha ferramenta impulsada polo propio Cluster ao dispor das empresas de aloxamento que conten cun PMS (Propery Management System). Facilita a toma de decisións xa que establece unha comparativa entre a empresa e unha selección doutros. 

 



 




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)