Italia e Polonia, os países que máis universitarios galegos recibirán o vindeiro curso
1.126 irán ao programa Erasmus+ e para o 25/26 á cabeza na demanda repiten estes dous. Italia a collerá a 263 e Polonia a 24). Por detrás fican Romanía (82), Portugal (68), Chequia (67) e Francia (45), como países con máis estudantes beneficiarios. Por universidades 494 saen das aulas da USC, 370 da de Vigo (UVigo) e 262 da Coruña (UDC).
O 62% dos bolseiros son mulleres e case o global, o 50%, estudantes de Ciencias Sociais e Xurídicas. Xa de lonxe séguenlle un 15% de Enxeñería e Arquitectura, 14% de Ciencias da Saúde, o 12% de Ciencias e 9% de becados que estudan Artes e Humanidades.
A Consellería de Educación resolveu xa unha convocatoria que funciona como complemento ás axudas outorgadas pola UE para os galegos que participan neste programa de estadías que dura entre dous e nove meses.
O investimento galego supera os 1,6 millóns de euros, un 5% máis que no ano anterior.

O importe das bolsas oscila entre os 2.255€ e os 445€, en función do país de destino e a duración, en todo caso nunca cobre o ano, que teñen que complementar as familias. Si que se adxudicou unha cantidade adicional de 500€ a un total de 540 estudantes cunha estancia igual ou superior a seis meses, comezando polos expedientes con maior nota media e ata esgotar o orzamento.
Por ter unha referencia xenérica os grupos por países para as axudas son os seguintes:
Grupo 1
350 euros mensuais aos estudantes que vaian estudar a Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia.
Grupo 2
300 euros mensuais aos que vaian a Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Letonia, Malta e Portugal.
Grupo 3
250 euros mensuais aos que vaian estudar a Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, Romanía, Serbia e Turquía.
O Erasmus, con máis de 3 décadas funcionando en toda Europa, forma parte no noso caso e a nival administrativo do programa Galemundo, co 7.000 estudantes e docentes fórmense este curso no estranxeiro. Tamén hai opcións para ir a países de América e Asia pero menos solicitadas.
Comentarios (0)