Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sanidade, produtividade, emigración, Intelixencia Artificial e, por suposto, aranceis



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Na XIV reunión do Foro Económico de Galicia o ex conselleiro do Banco Central Europeo, González-Páramo (na imaxe), falará de política monetaria, a experta en economía sanitaria Beatriz González López-Valcárcel abordará viabilidade dos servizos sanitarios en España, e os economistas Fernando González Laxe e José Francisco Armesto achegarán a súa diagnose sobre impacto en Galicia das políticas arancelarias de Trump. Pero hai máis convidados.

A cita: no espectacular Parador de Muxía este xoves 24 e venres 25 de abril, onde coñecidos referentes analizarán asuntos que determinarán o desenvolvemento económico de Galicia e España nos vindeiros anos.


A importante xuntanza anual rematará cunha conversa sobre a relación entre intelixencia artificial e democracia na que falarán Daniel Innerarity (Cátedra de Intelixencia Artificial e Democracia, Instituto Europeo de Florencia) e Amparo Alonso Betanzos da UDC, coa presentación da coñecida xornalista do Gruop Voz Fernanda Tabarés Dominguez. 

Detrás da cita está o patrocinio de importantes empresas, entidades financieras e universidades.

Os primeiros en falar o xoves a mañá serán o presidente do Foro Económico, Emilio Pérez Nieto, e do director, Santiago Lago Peñas, que darán paso ao relatorio que estrea estas dúas intensas xornadas, sobre supercomputación e intelixencia artificial que dará Mateo Valero Cortés, do Barcelona Supercomputing Center, que compartirá mesa con Carmen Cotelo Queijo, da Axencia Galega de Innovación. 

Os fluxos migratorios como unha oportunidade serán o eixo de Antonio Izquierdo Escribano, da UDC, co comentario do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez presentados polo xornalista Julián Rodríguez Moscoso. 

Xa na sesión da tarde, a experta en economía sanitaria Beatriz González López-Valcárcel, da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, abordará o que define como “complexo problema da viabilidade económica dos servizos sanitarios en España”. O comentario deste relatorio correrá a cargo de Luis Verde Remeseiro, do CHUAC. A conferencia do ex conselleiro do Banco Central Europeo José Manuel González-Páramo sobre “A política monetaria na encrucillada: leccións e riscos” presentado polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, pecha a xornada do xoves.

Ao día seguinte a análise será a un dos asuntos pendentes para a economía galega e española, a produtividade. Unha mesa onde estarán Juan Francisco Jimeno Serrano, presidente do Consello da Produtividade de España acompañado da economista e analista María Cadaval Sampredo (USC), Edelmiro López Iglesias (USC), Víctor Nogueira García (Grupo Nogar), Artur Yuste i Tarragó (Grupo Cuevas) e como moderador, Antón Costas Comesaña, presidente do Consello Económico e Social de España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)