Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Na procura de empresas para acoller a alumnado en prácticas en loxística, soldadura e administración



REDACCIóN · PUBLICADO O 24 DE ABRIL DE 2025 · (0)



A patronal do metal galego. Asime, busca voluntarias para axudar a completar a formación das 100 persoas que fan o seu Programa Integrado de Emprego e “suplir a falta de persoal cualificado que hai no sector industrial”, explica Enrique Mallón, Secretario Xeral da asociación.

Un apoio extra ao equipo de persoal á vez que se abren as portas cunhas prácticas que, en moitos casos, acaban converténdose en contratos.


As prácticas teñen unha duración de entre 80 e 120 horas e non implican compromiso de contratación, o que permite valorar novos perfís sen risco nin custo adicional.

O horario pódeo establecer cada empresa acorde ás súas necesidades. Preferiblemente, búscanse firmas ubicadas en Vigo, Narón e arredores, onde Asime ten sede.

Con esta vai xai pola sexta edición este programa financiado pola Consellería con fondos transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) que aproveitan ,entre outras, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia e os seus 100 alumnos que reciben orientación e intermediación laboral personalizada nas zonas de Vigo e Narón durante un ano.

Agora moitas das formacións xa se están en curso ou finalizaron, polo que cómpren empresas que queiran incorporalos réxime de prácticas non laborables.

Os perfís son:

Loxística: Organización de almacén, optimización de roteiros e manexo de carretilla elevadora.

Soldadura: Técnicas como eléctrodo, MIG, MAG e TIG, con formación en prevención de riscos laborais aplicada a soldadura.

Administración: Competencias en contabilidade, compras, aprovisionamento e xestión administrativa.

Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, explica que "máis do 50% das nosas empresas ten necesidades de persoal de maior ou menor urxencia que non están a ser capaces de cubrir, en Galicia necesítanse, como mínimo, 5.000 persoas para  contratos pechados a día de hoxe. En moitos casos tírase de persoal propio que xa ten coñecementos pero en moitas ocasións dificulta poder asumir novos proxectos, o que nos preocupa enormemente”. E engade “a demanda afecta a todas as industrias do metal, que precisan perfís que van desde electromecánica a soldadura, tubaxe, delineación, caldeiraría, deseño industrial, enxeñería… e, cada vez máis, perfís de especialistas en programación de maquinaria, programación de sistemas  ciberseguridade ou big data”.

Dende Asime piden flexibilizar a contratación de persoas de terceiros países, "á vez que tentamos reverter a imaxe errónea que existe moitas veces do sector, que profesionalizouse de forma exponencial nos últimos anos".

 

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)