Galicia quere a transferencia das competencias para poder xestionar os permisos de traballo dos estranxeiros
É parte dunha batería de iniciativas anunciadas onte que inclúen construir 24 novas residencias públicas, axudas para rehabilitar e reformar vivendas baleiras que se vaian a poñer en alugueiro 5 anos como mínimo, e nova desgravación por compra de libros e material escolar.
Pero unha das máis chamativas é o pulo ao sector aeroespacial, da seguridade e da defensa no que, como é sabido, a UE gastará milleiros de millóns e do que viven máis de 4.200 personas en Galicia.
O anuncio fíxoo onte o presidente Alfonso Rueda na súa primeira intervención no Debate sobre política xeral no Parlamento: máis de 180 millóns de euros ao longo desta década par facer fronte ao incremento da demanda prevista.
Incidirase na colaboración pública-privada, arrincará un servizo de asesoramento para as empresas que decidan reorientarse cara este eido e haberá un fondo de investimento específico para apoiar a industrias con centros de traballo aquí. Tamén vaise reclamar ao Executivo estatal que destine de maneira directa 1.300 millóns de euros dos fondos europeos aínda sen mobilizar ao tecido industrial da comunidade.

En canto as axudas para rehabilitar inmobles baleiros que precisen dunha reforma para poder saír ao mercado do alugueiro os poropietarios deben garantir que van alugala durante polo menos cinco anos. Cada beneficiario recibirá unha media de 12.000 euros para as obras, e máis se aluga a xente nova ou familias con fillos pequenos.
Xa en aspectos vencellados cos servizos negociarase co goberno central a xestión compartida das alertas meteorolóxicas, a transferencia solicitada xa da AP-9 segue na mesa e a maiores pedirán que Galicia sexa a encargada de xestionar os permisos de traballos dos estranxeiros que chegan e non o Estado. De facersecómpre unha lei orgánica para que se poidan asumir esas competencias pero co fin, segundo o Goberno galego, de axilizar os trámites.
Tamén implantarase napróxima declaración da renda unha nova desgravación por compra de libros e material escolar coa que os fogares de entre 10.000 e 30.000 euros de renda anual per capita poderán descontar o 15% do gasto ata un máximo de 105 euros por alumno.
Residencias de maiores
Nesta lexislatura hai un plan en colaboración co sector para levantar 24 centros de maiores que habilitarán 1.800 novas prazas en concellos de menos de 50.000 habitantes e incrementará un 15% as públicas, ademais de xerar un milleiro de postos de traballo. E lanzarase un proxecto piloto para mellorar a atención dos pacientes con patoloxías crónicas que vivan nun centro residencial ou que reciban os coidados dun familiar.
Comentarios (0)