Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Case 30 novos proxectos poderán ter servizos de comunicación e marketing gratis



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 25 DE ABRIL DE 2025 · (0)



Profesionais de empresas do Clúster da Comunicación de Galicia ofrecerán gratis -vía subvención autonómica- deseño de imaxe corporativa, deseño web e ecommerce, márketing dixital, gráficas publicitarias, investigación de mercados, estratexia de comunicación e vídeo márketing e produtos de impresión publicitaria.

Na 2ª edición de “Alento. Impulso a comunicación para emprender” primaranse os proxectos vinculados ao comercio local e en concellos de menos de 25.000 habitantes. O prazo para inscricións na web está aberto ata o 12 de maio.


Cos 120.000 euros investidos serán seleccionados -tras das solicitudes recibidas na web- se ben de maneira preferente entre os atendidos na Rede de Polos para acompañalos no complexo proceso de saída ao mercado, conexión co público e na creación de marcas. Contarán co traballo de 38 empresas expertas. 

Os novos proxectos poderán acceder -sen ter que pagar- a profesionais que traballna nas empresa do Clúster que preside Alberto Garnil. Axudas concretas en forma de 10 servizos. Unha vez pechada a data de inscricións e para a escolla final valoraranse viabilidade, transferencia de coñecemento, innovación, impacto económico ou cuestións relativas ás persoas que tiren coa idea: formación, experiencia e coñecementos técnicos.

A finalidade é que estas tarefas sirvan de apoio na procura de canles de comercialización, públicos obxectivos, melloras no valor percibido dos produtos e servizos e, en fin, na promoción en xeral, para obter unha oferta diferenciada e rendible.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)