Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Medran como nunca antes as vendas de leiras rústicas, sobre todo montes



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 28 DE XULLO DE 2025 · (0)



As compravendas alcanzan niveis históricos en Galicia no ano 2023, segundo o recolleito e feito público polo Observatorio Galego de Mobilidade de Terras. Nunca desde 2008, cando se iniciaron os rexistros, acadáronse estas cifras.

Vendéronse 11.400 hectáreas de monte e 7.800 de parcelas agrarias por 213 millóns de euros nun escenario no que a produción de madeira é un investimento para os que buscan unha alternativa, e no que moitas explotacións agrarias optan por ampliar a base territorial para reducir custos.


O informe do Observatorio -no que participan a Fundación Juana de Vega, Medio Rural e Medio Ambiente, a USC e a Atriga-, recolle valores sen parangón na serie estatística e pon de manifesto a consolidación dun período alcista que comezou en 2018, tanto no que se refire ás operacións de compravenda como ás hectáreas afectadas polas transaccións.

O mercado das terras rústicas crece impulsado sobre todo pola compra de montes nun escenario no que a produción de madeira é un investimento para os que buscan unha alternativa a outros produtos financeiros, e tamén crece a demanda de leiras agrarias, porque moitas explotacións optan por ampliar abase territorial para reducir custos de alimentación do gando e dos vaivéns das cotizacións internacionais dos cereais.

Rexistráronse 68.409 operacións de compravenda de predios, o que signfica en comparativa que as operacións despuntaron un 17,6%, en tanto que a superficie afectada elevouse un 12%. O 40% da superficie que cambiou de mans en 2023 (7.786 hectáreas) correspondeuse con leiras agrarias, en tanto que outras 11.373 ha foron de monte. No primeiro caso, o crecemento foi do 5,6%mentres que no segundo superou o 16,7%. No que toca ao monte, trátase da cifra máis elevada desde a alcanzada en 2021, cando 12.696 hectáreas foron obxecto de transaccións. O que é histórico, é o rexistro das terras de cultivo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)