A sueca Eurobattery Minerals acurta pasos para iniciar a explotación de tungsteno en Ourense
Se todo vai como está previsto será unha mina ao descuberto de wolframio (ou tungsteno) preto da Gudiña, Ourense. As primeiras reservas probadas e confirmadas mediante perforación estímanse en 60.000 toneladas dun mineral usado en defensa, tecnoloxía electrónica e industria aeroespacial pola resistencia a altas temperaturas e desgaste extremo.
Veñen de informar mediante nota de prensa que esta semana enviarán a primeira mostra a granel de materia a un laboratorio de Madrid. Espérase que se entregue a proposta de planta piloto no cuarto trimestre e que a decisión final de investimento tómese antes da fin deste 2025.
A mostra irá aos laboratorios ubicados en Móstoles Advanced Mineral Processing (“AMP”) para unha análise con clasificación, trituración e moenda, “O proxecto de wolframio en Galicia avanza rapidamente”, di Roberto García Martínez, CEO de Eurobattery, “ e a colaboración con AMP garántenos un procesamento adaptado ao noso mineral econdicións operativas específicas”.
Os resultados das probas formarán a base para o deseño dunha planta piloto de procesamento personalizada para este proxecto San Juan.
A maiores, unha empresa galega de arqueoloxía estuda a zona aínda que polo de agora, segundo fontes da mineira, non identificaron posibles zonas arqueolóxicas dentro da concesión. En todo caso fica un novo programa arqueolóxico preliminar que se desenvolverase paralelamente aos traballos con recomendacións de control durante os próximos meses, seguindo a normativa autonómica e nacional de protección do patrimonio. Espérase que os arqueólogos da empresa de Ourense tamén estean presentes durante os traballos iniciais de desmonte e a remoción da capa superficial do chan.
Xa durante a durante Segunda Guerra Mundial o exército alemán usaba o wolframio para a fabricación de blindaxes e municións perforantes. Eurobatery Minerals ten a intención de extraelo de diferentes localizacións da provincia galega agora, como Carballeda de Valdeorras, Lobios, Baltar e Oímbra.
Comentarios (0)