Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os alimentos recoñecidos polo Clusaga, promocionados por Vegalsa-Eroski



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 08 DE SETEMBRO DE 2025 · (0)



O Clúster Alimentario de Galicia e a compañía galega de distribución presentaron no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago unha iniciativa co punto de partida nos Premios Galicia Alimentación 2025 que se deron o pasado xuño na Cidade da Cultura.

Foron varias empresas gañadoras e finalistas e unha selección de todo ten este mes un lugar destacado e recoñecible en máis de vinte establecementos. Entre os gañadores:xenebra ecolóxica ADA Berries e as Perlas de Vinagre de Vinagres do Ribeiro


Entre os finalistas tamén atopamos a Pazo de Valdomiño co seu licor de herbas aromáticas, ao iogur xeado para mascotas de YowUp!, ao pastrami artesanal de vacún de Montepicato e ás conservas Fusión de Friscos. 

Taménestán o vermú Povarelo, o viño branco sen alcol Marieta Sin de Martín Códaxo kéfir café de Casa Grande de Xanceda, a castaña con chocolate de Cuevas, e o xeado de queixo de Arzúa con marmelo de Bico de Xeado.

Durante setembro e a maiores os clientes entran no sorteo de cinco lotes que inclúen todos os produtos destacados. É suficiente con comprar algún artigo da promoción, escanear o código QR dispoñible na cartelería das tendas Eroski-Vegalsa e cubrir o formulario en liña, incorporando a imaxe do ticket de compra como comprobante. 

Entre os produtos premiados, por exemplo, ADA Berries, unha xenebra ecolóxica que fan na adega Pazo de Valdomiño combinando plantas aromáticas como o breixo e o loureiro con  triplo destilación en cobre; as perlas de vinagres do Ribiero que preséntase con sabor a pementos de Padrón ou uvas pasas, e Marieta Si, o primeiro albariño sen alcol elaborado por Martín Códax, afrutado e con notas cítricas. 

Ao mesmo tempo Clusaga lanza un selo oficial de recoñecemento que poderán usar as marcas finalistas e gañadoras do certame.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)