Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En tres anos debería haber unhas 200 gasolineiras onde sacar cartos en efectivo



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 08 DE SETEMBRO DE 2025 · (0)



Serán en estacións de servizo de concellos con menos de 20.000 habitantes, falamos de pequenas cantidades, a clientes con tarxeta vencellada a Abanca e no caso de que a gasolineira teña terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración.

A Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) afirma que hai xa 75 que ofrecen esta posibilidade e poderán ser unhas 100 cara outubro. O procedemento é o mesmo que nunha compra con tarxeta: o cliente especifica a cantidade a sacar, pasa a tarxeta polo dispositivo e marca o seu número. Será o empregado da gasolineira quen entregue os cartos.


É o resultado do convenio de colaboración que asinaron Fegaes con Xunta e Abanca en xullo que veu acompñada dunha orde de axudas de 800.000 euros.

A implantación calcúlase que chegará a unhas 290 e, nesta lexislatura, poderían acadarse os 200 establecementos, a metade dos adheridos a Fegaes. 

Son cartos para modernizar os servizos dos que dispoñen as gasolineiras do rural polo que irán a subvencionar a adquisición de novas TPVs se as precisasen, pero tamén a apoios para os sistemas de pago, á xestión operativa do local a través de plataformas dixitais ou á instalación de grupos electróxenos e sistemas de seguridade. As axudas máximas son de 30.000 euros por beneficiario.

Con esta iniciativa aumenta a oferta de servizos destes establecementos no rural e palíase nunha parte pequena o problema co peche de oficinas bancarias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)