Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nova rolda para axudar a crear infraestruturas empresariais de uso aberto e compartido



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2025 · (0)



Trátase de centros de equipamentos e de fabricación avanzada ou dixitais como son o Centro Biotecnolóxico do Tambre (máis coñecido como Biopolo Sionlla), o Centro de Tratamentos Térmicos de Narón, o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC da Coruña (na imaxe) e unha planta piloto en Curtis para a síntese de proteínas e subprodutos lácteos de alta calidade.

A iniciativa está dirixida a grandes empresas galegas interesadas en crear un ecosistema produtivo e colaborativo do que se poidan beneficiar pemes e emprendedores creando espazos, e infraestruturas -industriais ou de servizos- dispoñibles cun sistema de uso aberto. É dicir, deben ter acceso as empresas que cumpran coas condicións de acceso establecidas. 


Impulsado a través do Igape o orzamento destinado nesta ocasión ascende a 5 millóns de euros que permitirán financiar ata o 60 % dos investimentos subvencionables, cun tope de 2,5 millóns de euros por proxecto. Hai posibilidade de solicitar anticipos de ata o 80 % da axuda o que axuda á viabilidade desde as fases iniciais.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 1 de outubro. Os proxectos deberán estar executados antes do 1 de outubro de 2027 e as solicitudes de cobramento deberán presentarse dentro deste prazo.

Xa houbo previamente máis de 31 millóns de euros en investimentos e máis de 24 millóns en subvencións contando con que ao estar promovidos por grandes empresas teñan un efecto tractor.

É o caso do que desenvolve en Narón o Grupo Intaf, que conta xa con tres plantas, oito firmas e actividade en sectores como o naval, o enerxético e aeronáutico incluindo a apertura no polígono das Lagoas dun centro de tratamento de pezas de aceiro único en España Outro exemplo é o Centro de Servizos Avanzados – CSA, de demostración, prototipado e lanzamento de proxectos que recibiu un apoio de 4,8 millóns. Foi o primeiro espazo co que arrincou a Cidade das TIC coruñesa, entrou en funcionamento en outubro de 2023 con laboratorios, espazos de demostración, showroom e aloxamento empresarial repartidos en 4.000 m2.

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)