Desbaraxuste nas viaxes do Imserso que, iso sí, xa son “pet friendly”
Entre o luns e o martes os beneficiarios do Imserso de Asturias, Cataluña, Castela-A Mancha, Valencia, Ceuta, Baleares, Canarias, A Rioxa, Navarra e País Vasco puideron ir reservando hoteis completando case as prazas que había para destinos moi demandados, como Benidorm e Canarias (favoritos dos galegos). Pero Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela e León, Melilla e Murcia non puideron facelo ata onte mércores polo que vanse atopando con case todas as prazas reservadas.
Unha boa nova, alomenos para algúns: o Instituto de Mariores, de 40 aniversario, decidiu que a partir agora poderase viaxar con animais de compañía, o que na maioría dos casos será un can.
O Imserso permitirá viaxar con mascotas por primeira vez adpatadonse á realidade pero con condicións: nin todos os destinos nin hoteis permíteno e o animal non pode superar os dez quilos de peso sumando o trasportín no que viaxa. Tampouco poderá ser dunha raza potencialmente perigosa.
O dono deberá facerse cargo dos gastos que se deriven do seu acompañamento, así como dos danos que poida ocasionar a mascota. E se o propietario viaxa sen outro acompañante -humano-, deberán aloxarse nun cuarto dobre de uso individua, facéndose cargo dos suplementos: 22 euros por noite para os destinos de costa peninsulares e as Baleares, e 24 para as Canarias.
As axencias de viaxe destas comunidades, Galicia incluida, atopáronse con que as prazas que o Imserso ofrece sen incluír a viaxe e nas que só se reserva o hotel, están practicamente pechadas, cando para Galicia o prazo de comercialización abría onte. As prazas son comúns para todo o territorio do Estado pero fanse durante uns días determinados que non foron os mesmos para todos. Esta tempada hai concretamente 879.000 distribuídas entre costa peninsular, illas e escapadas culturais.
Galicia viviu a primeira xornada de solicitudes para a tempada 2025-2026 cunha afluencia moderada. O mércores inauguraron as solicitudes os acreditados preferentes, xubilados e pensionistas que, segundo un sistema de puntuación que ten en conta factores persoais, familiares e económicos, concédelles prioridade para reservar destino. O peor está sendo hoxe, cando piden o que está xa vendido As Illas Canarias son as que sempre teñen maior demanda, seguidas pola Costa do Sol e a Costa Valenciana, léase Benidorm. Sempre é o primeiro que se esgota.
Comentarios (0)