Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ceo aberto para os autónomos que traballan dende casa



REDACCIóN · PUBLICADO O 13 DE OUTUBRO DE 2025 · (0)



Unha recente sentenza do Tribunal Supremo avala que poidan deducir o IVE das subministracións: luz, auga e internet. Iso sí non o poñerán fácil, haberá que demostralo, pero algunhas asociacións de autónomos xa se están a mover. 

A experta en Dereito Tributario e, dende febreiro deste ano maxistrada do Supremo, Sandra María González de Lara Mingo (na imaxe), está detrás dunha resolición que tantos celebran e que arranxa o que definiu como "contrasenso xurídico".


En Galicia os autónomos representan máis do 20% do tecido produtivo, entre eles moitos avogados, deseñadores, arquitectos, xente do eido tecnolóxico… cun agravio con respecto a quen aluga locais. Agora toca delimitar en metros cadrados a parte da vivenda dedicada á actividade e manter dentro mobiliario, computador e o que se use. Só deste xeito será posible aplicar a dedución proporcional no trimetres sen risco de sanción. 

O Supremo non crea unha dedución nova senón que recoñece un dereito que xa debía aplicarse en coherencia fiscal, se iso existe. Ata o de agora a Axencia Tributaria denegara esta dedución malia que o mesmo gasto era admitido no IRPF. Con esta decisión fíxase doutrina. 

A orixe do litixio atópase nunha empresa de servizos xurídicos na planta baixa dunha vivenda de dous pisos. Tras varios recursos desestimados por Facenda e polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía,o caso chegou ao Supremo que concluíu que “uns mesmos feitos non poden considerarse existentes para un tributo e inexistentes para outro”, obrigando ao Fisco para admitir as deducións proporcionais das subministracións. Neste caso o tribunal estimou deducible o 50% do IVE asociado a luz, auga e gas, ao corresponderse coa metade do inmoble destinada á actividade profesional.

A maxistrada Sandra María González de Lara Mingo concluiu que a dedución supoñería un contrasenso xurídico, dado que a normativa de IRPF xa recoñece a posibilidade de atribuír gastos de vivenda a unha actividade profesional.  Ademais, esta interpretación esténdese á declaración da Renda, onde tamén son deducibles as rendas do alugueiro ou parte das cotas hipotecarias cando a actividade realízase no propio inmoble.

Un paso na modernización do criterio fiscal ante os novos modelos laborais. Algunhas asociacións de autónomos anunciaron que estudarán o alcance práctico da resolución para coordinar reclamacións ante Facenda en breve.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)