Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A nosa achega ao Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX)



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 13 DE NOVEMBRO DE 2025 · (0)



Esta computación utiliza principios da mecánica cuántica para resolver problemas complexos de maneira máis rápida que os computadores de agora. Baséase en cúbits, que poden existir en múltiples estados simultaneamente e revolucionalo todo, aínda que está en desenvolvemento. 

Xa se teñen adquirido 11 supercomputadoras distribuídas por toda Europa, incluíndo JUPITER en Alemaña, que fai máis de mil billóns de cálculos por segundo. Científicos e usuarios do sector público e privado poderán usalas a través de vindeiras Convocatorias de Acceso á Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea (EuroHPC JU).


A Comisión Europea arrinca pois con este centro QEX impulsado por un consorcio de 11 socios de 5 países. E aquí están o Cesga e centros de investigación da UDC e a USC, que son a participación española, cun orzamento de 1,36 M€ cofinanciados nun 50% pola Comisión Europea e no outro 50% polo Ministerio de Ciencia.

Cesga, centro compartido entre Xunta e o Consello Superior de Investigacións Científicas, e os tres centros de investigación da Rede CIGUS: o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), ambos da USC, e o Centro de Investigación en TIC (CITIC) da UDC, traballarán coordinados capacitando a científicos, empresas e industrias europeas. 

 

Os espazos galegos facilitarán, farán de engranaxe entre á comunidade científica e o tecido produtivo para que teñan acceso estas infraestruturas e no desenvolvemento de novas aplicacións e softwares; e serán responsables da realización de actividades de benchmarking,. Tamén colaborarán na formación de investigadores e usuarios con TalentQ, do proxecto Quantum Spain.

Quen máis está

Son once socios de cinco países da Unión Europea. QuantumDeltaNL (Países Baixos), participan por Dinamarca a Danmarks Tekniske Universitet, a Kø*benhavns Universitet e a Syddansk Universitet, por Irlanda a Universidade de Galway, por Alemaña a Bayerische Akademie der Wissenschaften e a Deutsches Zentrum für Luft - und Raumfahrt e polos Países Baixos a Nederlandse Organisatie voor Toegepast Natuurwetenschappelijk Onderzoek, ademais do líder Stichting QuantumDeltaNL. A parte española, a queda dito, o Cesga, a USC e a UDC.

A EuroHPC JU está a despregar unha infraestrutura de computación cuántica integrando diversas tecnoloxías europeas con supercomputadoras existentes. Xa inaugurou PIAST-Q en Poznań (Polonia) e VLQ en Ostrava (República Checa).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)