Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os tres meses de Losán



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 09 DE FEBREIRO DE 2026 · (0)



O persoal do grupo madereiro galego rolda as 200 persoas entre os centros de Curtis, Vilasantar e as oficinas da Coruña, pero son uns 800 traballadores se sumamos as naves de Castela-A Mancha e Castela e León, todos con tres meses sen cobrar.

O xoves 12 voltarán manifetsrase, desta vez ante a Consellería de Industria en Santiago de Compostela, pero tamén o fixeorn en Madrid e A Coruña. Piden á Sepi que actúe con urxencia para garantir o emprego e a continuidade da actividade da segunda maior madeireira galega por volume de negocio tras Finsa. 


En abril de 2024 a empresa iniciou un proceso de negociación coa banca e os acredores para tratar de reestruturar uns 200 millóns de débeda e incapaz de atender os primeiros vencementos dunha emisión de pagarés de 25 millóns realizada en 2023.

A compañía explicou entón que os problemas de liquidez radicaban na negativa dunha das entidades do pool bancario a manter a liña de financiamento de circulante. Entre a banca acredora está BBVA, a máis exposta, xunto a Santander e Abanca.

Inflación e os cortes na cadea de subministración afundiron os seus resultados; a banca cortoulle o crédito, o que forzou a negociación para refinanciar máis de 200 millóns de débeda e a Xunta concedeu ao grupo sete millóns en préstamos a través do Igape e Xesgalicia, os seus fondos de capital risco. Ata finais de abril deste ano, dous anos máis tarde, é a data tope para atopar viabilidade porque o recente investidor que ía permitir rescatar o grupo, a madereira valenciana Mabesal, botouse atrás en decembro tras sopesar un plan de negocio de dez anos e deixou ao fabricante galego  sen os 30 millóns que planeara investir.

As nóminas sen cobrar acumúlanse desde desde novembro, polo que volve negociar in extremis coa Sepi e a banca un tempo que termina o ata o 29 de abril, data na que deberá validar un novo plan de viabilidade ou entrar definitivamente en concurso. 

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)