Como se coordinan forzas para abordar os lumes o antes posible
As patrullas militares -suman uns 100 efectivos- fan tarefas de vixiancia e alerta, percorren as pistas forestais en blindados lixeiros ou todoterreos con roteiros variables. Se detectan fume o comunican aos centros de control de Medio Rural que son os que mobilizan aos máis de 7.000 efectivos.
Para este ano quérese adiantar o inicio do despregamento ao 10 de agosto e ata o 25 de setembro. Tamén estréase ALume, unha app para que a xente poida alertar enviando localizacións, fotos e audios.
As Forzas Armadas intégranse no Plan de Prevención e Extinción de Incendios da Xunta (Pladiga) se ben con seu propio nome. A Operación Centinela, que está de 20 aniversario, mobiliza a 35 patrullas terrestres, da BRILAT a maioría, e tamén dda Infantería de Marina. Móvense de xeito itinerante en 39 concellos das catro provincias, prestando especial atención a Ourense.
Os seus drons equipados con cámaras ópticas e térmicas complementan as redes de videovixilancia e IA galegas.
Os concellos a vixiar están agrupados en 8 distritos forestais de especial risco como Verín-Viana, Fisterra, Valdeorras, Miño-Arnoia e A Limia, o distrito de Deza-Tabeirós e a zona de Condado-Paradanta. Tamén monitorízanse de forma itinerante zonas de interior e áreas montañosas de Lugo Central e por Bergantiños-As Mariñas.
A nova app cidadá
Medio Rural lanzaba en xuño a aplicación móbil oficial ALume, que permite a localización exacta sobre unha fotografía aérea. Isto evita confusións con nomes de paraxes e estradas remotas, o que pode ser moi habitual.
Pódense achegar fotografías do fume ou as chamas, gravar notas de voz… os avisos son de forma anónima e se se prefire falar directamente cos operadores do centro de coordinación, inclúe un botón de chamada directa ao 085.
Comentarios (0)