Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adeus ao inventario manual forestal



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 16 DE SETEMBRO DE 2026 · (0)



Substituír a medición manual por un sistema dixital, remoto e baseado en IA é o traballo que está a facer un consorcio que presentou hoxe o proxecto CUBia. 

Cun investimento de 1,25 millóns e unha axuda pública que supera os 700.000 o equipo fórmano o consorcio de empresas Asefor de Narón —líder do proxecto—, Finsa de Santiago, Fortop Topografía de Lugo e Geomático de Vigo, con centros da Universidade de Vigo e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).  Esta mañá fixeron unha demostración técnica na finca de Finsa na aldea da Panda de Adá, As Pontes.


O sistema baseáse no uso de sensores que capturan datos sobre o terreo, despois chega o traballo de procesado da IA que fará unha estimación precisa do peso e volume da madeira en pé para rematar cunha validación industrial: o contraste dos datos dixitais coa produción real en fábrica.

É case un cambio de paradigma, non só melloraría a competitividade do sector madereiro, senón que ofrecería ferramentas precisas e escalables para tomar decisións. O proxecto integrará as solucións nunha plataforma dixital coa trazabilidade desde o bosque ata o produto final.

Hoxe conseguiron reunir a setenta asistentes que puideron ver o funcionamento no monte -entre eles a directora da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Carmen Cotelo-, coa posterior exposición dos datos recollidos, información áxil e estandarizada que pode ter boa saída no mercado. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)